O Laber Xiria ven de clasificarse para a Final Four do campeonato

O pasado sábado día 17 o Laber disputaba fronte a SD. Teucro o partido correspondente ós cuartos de final da competición galega. Nesta fase de cuatros enfrontábanse ó terceiro do grupo ouro A (SD.Teucro) e o segundo clasificado do grupo ouro B (Laber Xiria), neste sistema de competición desta fase xogábase un só partido que daría acceso ao gañador ás semifinais desta competición.

Coñecedores da importancia deste partido o Laber saíu ao encontro con unha elevada intensidade defensiva que conseguía un primeiro parcial de 4-0 no inicio do partido. A partir de ahí, o Laber mantivo sempre o dominio no marcador en todo o partido. Sen embargo, na faceta ofensiva o Laber compaxinou minutos de moita calidade con minutos nos que estivo bastante atascado. Con todo, grazas ao acerto defensivo e da portería conseguía chegar ao descanso 14-8.

No comezo da segunda metade ó Laber atascouselle o sistema defensivo rival, facendo que o Teucro se acercase no marcador. A pesar desta situación e, grazas á intensidade da defensa conseguiu roubar varios balóns e, deste xeito voltaba a poñer terra de por medio cos pontevedreses. Grazas á confianza gañada dende atrás, o Laber conseguía desatascarse no ataque e así gañar o partido con solvencia.

Facer énfase na intensidade e loita de cada un dos xogadores do Laber, intensidade que fai que os carballeses cheguen á fase final da tempada con boas sensacións. Así, o Laber Xiria clasifícase para a Final Four deste campeonato, esta fase divídese en semifinais e terceiro e cuarto posto /final a fin de semana do 1 e 2 de maio. Os equipos clasificados para esta Final Four son AD. Carballal, Luceros, Cisne e o Laber Xiria, a sede da Final Four aínda está por marcar.

3 AARON RODRIGUEZ SUAREZ 2
4 ESTEBAN PUÑAL SUAREZ 6
5 MARIO CANCELA COUTO 4 
6 PABLO ESMORIS CAMPOS 1 
7 DANIEL MALLO LENDOIRO 7
11 JULIAN GARCIA COBELO 1
13 ANDRES GARCIA VAZQUEZ
16 MATEO PALLAS GARCIA
17 JUAN MARTIN FAJARDO MARTINEZ 
20 DIEGO ANTELO CAMPOS 3
22 FERNANDO MALLO CARRACEDO 1
23 MARTIN FUENTES POMBO 1 
30 ALEX PUÑAL SUAREZ 1
31 CARLOS VARELA GARCIA 1
32 DARIO JOSE CALVIÑO RAMA
70 ALBERTO RODRIGUEZ POMBO 1