O Laber Xiria volta á competición con vitoria fronte o OAR

O pasado sábado día 6 voltaba a competición de base ao Vila de Noia despois de semanas de parón debido ás restriccións derivadas da pandemia. A raíz desta inactividade a competición tivo que adaptarse de maneira que, a competición da Liga Ouro na que participa o Laber vaise a disputar a unha soa volta. Este cambio dalle máis valor se cabe a cada partido.

Neste contexto e, tras unhas boas semanas de adestramentos o Laber afrontaba este partido con moitas ganas de competir. Así o comezo do partido estivo marcado pola igualdade, tan só a partires do minuto 17 os carballeses puideron manter unha diferenza constante no marcador, apoiados nunha defensa intensa e loitadora e, aproveitando as situacións de ataque na que se conseguía separar á defensa coruñesa.

A segunda metade estivo marcada outra vez pola actividade defensiva local que, a pesares das numerosas exclusións, foi quen de manter a mesma intensidade e garra.  Grazas a isto o partido foise decantando a favor dos carballeses, que realizaron un partido completo en liñas xerais.

Para a semana que vén visita Carballo o Culleredo, equipo que a priori loitará co Laber por pasar de rolda.