O Lalín vence con claridad a un Tubasys fallón

O Lalín vence con claridad a un Tubasys fallón

O Tubasys Xiria caeu na súa visita ó Lalín Arena na mañá do sábado, onde os erros no lanzamento por momentos lastrou moito ó equipo carballés. A pesares de conseguir boas situacións de lanzamento sobre todo polas zonas exteriores, as lanzadoras coruñesas non tiveron o mellor atino neste encontro, e na defensa aberta que plantexaban as do Tubasys, o equipo dezano mostrábase moi cómodo, superando as liñas visitantes.

Na derradeira xornada, as carballesas recibirán ó Bm. Culleredo no derbi que pechará esta temporada na Liga Ouro para as de Sheila Ferreiro.