O Marmolería José Rey cede ante un superior Abegondo F40

Este domingo o Marmolería Jose Rey enfrontouse en partido de Copa o Bm Abegondo.

Xa desde o comezo se puido ver a superioridade física do equipo do equipo visitante, un aspecto que ía a ser determinante. Unido a esta superioridade física o Abegondo prantexaba unha defensa moi ben armada, concedendo poucos espacios. Con este contexto os nosos buscaban unha e outra vez atopar espazos para penetrar a defensa vistante, pero acababa batendo co seu broque central. Na defensa, cando éramos capaces de facer xogar con distancia a súa primeira liña conseguíamos recuperar balóns. Con todo o partido ía igualado, sen embargo unhas perdas de balón unidas a uns rápidos contragolpes do equipo vistante fixo que marcharamos ao descanso con 7-12 ao descanso.

Na reanudación o equipo carballés buscaba mover a pelota coa distancia necesaria para non recibir falta e, chegar así a xerar espacios na defensa rival, con todo a defensa do Abegondo cedía poucos espazos. Na defensa conseguise traballar ben as axudas, pero cada vez que os xogadores vistantes chegaban a 9metros o seu poderío físico facía que fosen moi difíciles de parar. Con todo pelexouse todo o partido ata o resultado final de 14 a 26.

MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 14 ( 7 + 7 ): Alejandro Vázquez [p], Alejandro Gómez [p], Miguel Pérez, Bruno Facal, Nicolás García, Samuel Regueira, Oscar Tasende, Pablo Veiga, Erik Vázquez, Aarón Rodríguez.

ABEGONDO F40  26 (12+14): Gael Torreiro, Diego Infante, Antón Cadareira, Unai García, Alexo Muiña, Xiao García, Pablo Rego, Miguel Ameijenda, Joel Rabade, Adrián Torras, Pablo Fernandez, Diego Repadaz.