O Marmolería Jose Rey comeza a 1ª Fase da Liga Territorial cunha contundente vitoria por 30-13

Marmolería Jose Rey Xiria – 30 (19+11): Paulo Collazo, Fernando Mallo (7), Miguel Regueiro (5), Daniel Mallo (3), Diego Rodríguez, Mario Cancela (2), Renzo Martin (5), Diego Lema, Alex Santos (3), e Juan Pereira (5)

Bm. Lucus – 13 (5+8): Alex, Adrián, Aaron (1), Edgar, Brais, Pedro, Iago (1), Adrián (2), Jose (4), Lucas, Iker, Carlos (4), Javier e Lucas (1).

Os infantís de Marmolería Jose Rey Xiria, comezaron a 1ª fase da liga territorial cunha gran vitoria contra o Bm. Lucus (30-13), que lles coloca no primeiro posto da táboa.

Os de Carballo estiveron moi ben dende o principio, cunha defensa que poñía en continuos apertos ao equipo lucense pronto conseguiron distanciarse no marcador a través de rápidos contragolpes.

O encontro era o estreo na categoría para a maioría dos xogadores do Xiria, pero as ganas de gañar puideron cos nervios e todo saíu rodado. O marcador ao descanso de 19-5 reflexa a superioridade defensiva que amosou o Marmolería Jose Rey Xiria. Os catro alevíns convocados tamén responderon facendo un gran papel e foron autores de moitos dos goles do equipo. Quizás a única nota negativa foi a relaxación na recta final do partido, perdendo moita intensidade na presión defensiva sabéndose xa vitoriosos.

Na vindeira xornada o Marmolería Jose Rey volve a xogar na casa, esta vez o encontro será contra os nosos veciños, o Bm. Camariñas, o Sábado 25 de Outubro ás 10:00h no Pavillón Municipal Carballo Calero.

Clasificación 1ª XornadaClasificación

 

Fotos do encontro:

IMG_0959