O Marmolería José Rey consegue un empate nun final agónico

Desta vez tocou desprazarse ata Lugo, ante un equipo que xa sabiamos que non nos iba a regalar nada. Saímos ben en ataque, movendo o balón dun lado ao outro, pero ante unha defensa 6-0, algo novo para nós, non acabamos de atopar os lanzamentos claros e cómodos.

En defensa conseguimos ter unha boa intensidade, pero non terminábamos de defender ben os seus desdobramentos. Con isto fomo-nos ao descanso cun 13-13.

Na segunda parte un pouco do mesmo, axustamos situacións en ataque ante a súa 6-0, pero en defensa seguíamos sen atoparnos do todo cómodos, cos desdobramentos en zonas exteriores. Eles en ataque si estaban máis acertados e conseguían unha vantaxe de 19-23 a falta de 1 minuto e 50 segundos. Con balón para os de Lugo, cambiamos a unha defesa totalmente presionante, en con 3 roubos de balón e un erro de lanzamento deles conseguimos poñer o 23-23 no marcador nun final de infarto.

Bm Lucus 23

Marmolería José Rey Xiria 23 : Alex Tato, Manuel garcia, Manu Rey( 3), Ángel Villar,Bruno Facal, Manuel Muñoz,Hugo García(2), Manuel Perez (9), Marcos Amarelle (4), Dani Bello (3), Miguel Cambon(2).