O Marmoleria José Rey gaña na casa, nun partido moi irregular.

Tercer partido de liga, contra un camariñas con moitas baixas, xa que só trouxo unha plantilla de 6 xogadores. Deberia ser un partido de alto ritmo defensivo e moito xogo a contra por parte do marmoleria, xa que con un xogador menos e sen cambios, o camariñas íalle costar moito aguantar hasta o final do partido. Pero na primeira parte non foi asi, demasiados pases errados e unha defensa un pouco perdida, perxudicaronnos a primeira parte que rematou só cun 13-8.
Na segunda metade a actitude e intensidade dos locais foi moi diferente, comezaron a entender un pouco mais o xogo que debían amosar no campo, e comezaron a aparecer as ocasións claras de gol, e en defensa subimos unha marcha mais, o que nos deixou rematar o partido cun 23-12.
Marmolería José Rey 23 (13+10): Manuel Perez (8), Hugo (5),Miguel(2),Manuel rey (3), Marcos amarelle (3), Bruno, Dani Bello, Manuel muñoz(1).
Camariñas 12 (8+4): daniel paz (4), daniel casanova(4),aaron perez (3), jesus mouzo(1), brais(1), fabian.