Os infantís de Territorial chegaban a Culleredo moi tocados polas baixas e coa ausencia de varios alevíns dos habitualmente convocados, que xogaban co seu equipo á mesma hora en Santa Comba.
O encontro entre o Culleredo e o Xiria tivo dúas partes ben diferenciadas, na primeira os carballeses amosáronse moi pasivos en defensa, permitindo que os locais chegaran aos 21 goles. A garra e o ímpeto co que atacaban os de Culleredo permitíalles, pese ás limitacións técnicas, atopar de xeito cómodo claras situacións de lanzamento ante a debilidade amosada polos defensores do Xiria.
Sen embargo a segunda metade foi ben diferente. O Marmolería Jose Rey puxo as pilas e en poucos minutos deulle a volta ao partido, a base de roubos de balón e contragolpes conseguía colocarse un gol por riba. A velocidade coa que se recortaban as diferenzas no marcador fixo espertar a un equipo aletargado que terminou sacando a relucir a súa mellor versión. Pena que cando mellor estaba a xogar o equipo chegaron varias perdas de balón que impediron culminar a remontada.
Clasificación:



