O Marmolería José Rey volve a sumar dous puntos

O conxunto carballés volviu a ter que desprazarse ,esta vez ata Santiago, ante o Bm Ribadosar nun partido que sabíamos que non ía ser fácil. Comezamos ben, impoñendo ritmo ao partido e con unha boa intensidade defensiva, en ataque atopamos opcións claras de gol e, a pesares dos  erros de lanzamento, conseguiamos sacar unha clara vantaxe. Pero, por mor de golpes, tanto Marcos Amarelle como Dani Bello, non puideron continuar no encontro, no que o marcador indica un 10-13 ao descanso ao noso favor.

Na segunda parte, a intencións seguían moi claras, necesitabamos intensidade defensiva e poder correr, pero non salimos todo o acertados que deberíamos e regalamoslle un parcial de 4-1 que nos volviu a complicar o partido,pero seguindo co mismo sistema, conseguimos chegar aos últimos 9 segundos con posesión do balón e cun 21-22 no marcador.

Balonmán Ribadosar 21 (10+11): Abraham Alvarez(1), Carlos Quintela(2), Hector Costas (2), Iago Vidal (1), Dawit Alvarez, Hugo Suarez, Juan Gonzalez(6), Martin Velet, Nicolas Vila (2), Cortina Ben(6), Miguel.

Marmolería José Rey Xiria 22 (13+9): Manu Garcia, Alex Tato, Dani Bello(2), Hugo Garcia(4),Manu Muñoz(3), Samuel Quintela, Manuel Perez(4), Bruno Facal(2), Ángel Villar, Marcos Amarelle, Manu rey(6), Miguel Cambon(1).