O Marmolería José Rey volve do parón de nadal cunha vitoria pola mínima

Xornada importante para o Marmoleria José Rey, xa que era un dos rivales directos e necesitabamos puntuar para non descolgarnos. O partido comezou frouxo para os locais, non acabamos de conseguir esa intensidade que nos caracteriza e o ataque non tiña ningún orde. O luminoso chegou a poñernos 5 por debaixo no minuto 12 da primeira parte. Despois dun tempo morto dos locais, a intensidade do partido cambiou, en defensa actuamos moi ben na intención de roubar balón e en ataque conseguimos darlle máis velocidade a pelota,  conseguindo goles nas zonas exteriores da defensa con boas penetracions e bos lanzamentos dos nosos extremos. Tal foi o cambio de intensidade que chegamos ao descanso cun 17-13 no marcador.

Na segunda parte volvemos a caer no erro de baixar a intensidade defensiva, sumado a un bo acerto dos visitantes no lanzamento e varios despistes nos ataques locais, o marcador volve a axustarse. Pero desta vez, os locais conseguen manter os nervios e xogar durante 12 minutos, co marcador igualado  ou ganando de un, ventaxa que non perden ata que o árbitro sinala o final do partido cun 30-29 para os locais.

Marmolería José Rey 30 (17+13): ángel villar(2), Manuel García(p), Miguel Cambón(2), Marcos Amarelle(7), Hugo García(3), Alex Tato(p), Samuel Quintela, Manuel Perez(8), Manu Rey(7), Manuel Muñoz, Bruno Facal(1).
Culleredo contrupereiro 29 (13+16): Manuel Regueiro(9), Francisco Pazos (2), Samuel Seijas(9), Xoel Novoa(1), Diego Del Rio(2), Adrian Pestonit, Marco Gonzalez, nicolas vazquez, brais perez, Teo calvo(6), adrian teis.