O Marmolería José Rey Xiria cede ante a potencia física do Liceo

Na mañá do domingo, desprazábase ata a cidade da Coruña o Marmolería José Rey Xiria para enfrontarse ao Colexio Liceo nunha nova xornada da Copa Federación. Os locais mostraron a diferenza antropométrica para marcar as diferenzas e facerse cos dous puntos.

Ao comezo do partido sorprendía o Marmolería José Rey Xiria coa súa defensa 3:3, que lle permitiu ir por diante no marcador ata mediada a primeira parte. Foi nunha exclusión de Erik, que aproveitou o conxunto local para presionar e meter goles ao contraataque. Así se chegou ao descanso 21 a 14, que non reflectía o bo encontro que estaba a realizar o novo equipo bergantiñan.

A sabendas de que o resultado lle era desfavorable e a diferenza física co paso dos minutos parecía maior; na segunda parte tivo un pequeno baixón de concentración que elevaría a diferenza. Pero conseguiu recuperarse o Marmolería José Rey que creceu en intensidade de xogo e loitou ata o asubío final.

Esta é a liña de traballo a seguir para evolucionar como futuros xogadores das Escolas Balonman Xiria.

A próxima semana, enfrontarase ao EM Abegondo F-40.

Incidencias: Partido disputado no pavillón do Colexio Liceo La Paz ante un centear de seareiros. Colexiado: Manuel López do colexio galego.

COLEGIO LICEO LA PAZ 39 ( 21 + 18 ): Bernardo Mico, Jacobo Amado, Javier Ansede, Héctor Castelo, Iago Chao, Jorge Ferreiro, Senén Garea, Iago Gerpe, Diego Martínez, Guillermo Briones, Mateo Díaz, Yoel Garrido.

MARMOLERÍA JOSÉ REY XIRIA 28 ( 14 + 14 ): Alejandro Vázquez [p], Alejandro Gómez [p], Miguel Pérez, Alberto Rodríguez, Bruno Facal, Nicolás García, Samuel Regueira, Samuel Veiga, Oscar Tasende, Pablo Veiga, Erik Vázquez.