Marmolería Jose Rey Xiria – 29 (15+14): Diego Lema, Sueiro (3), Diego Rodríguez (2), Toni, Mario (12), Fernando (4), Dani Mallo (1), Diego Antelo (1) e Miguel (6).
Arteixo Bm. – 14 (5+9): Por falta de acta oficial non dispoñemos destes datos.
Os infantís do Xiria foron moi superiores ao seu rival dende o primeiro momento. Amosando unha férrea defensa e xogando de forma intelixente en ataque, conseguían comezar impoñendo un parcial de 5-0 nos primeiros 5 minutos, que lles aportou moita tranquilidade de cara a afrontar o resto do encontro.
Durante o transcurso do encontro o Marmolería Jose Rey tivo momentos de gran nivel defensivo nos que os atacantes do Arteixo eran incapaces de atopar espazos entre o enmallado defensivo do Xiria e non conseguían perforar a portería local durante varios minutos. Cando había algún despiste aí estaba Diego Lema baixo paus, que a base de atallar lanzamentos de todas as cores rematou asinando un fantástico encontro.
O marcador ao descanso era de clara vantaxe local, pero o Marmolería Jose Rey non se relaxou o máis mínimo. Comezou a segunda metade con varios contragolpes que aumentaron a renda, e no minuto 15 o marcador era de 24-8. Nos minutos finais os locais baixaron un pouco a garda e o Arteixo aproveitou para aumentar a súa conta de goles. Ao remate 29-14.
Temos que destacar ao alevín Mario Cancela, que asinou un gran encontro no que ademais de anotar 12 goles traballou a reo nas labores defensivas, roubando moitos balóns queremataban en rápidos contragolpes.
Clasificación trala 8ª xornada:
Fotos previas ao encontro:







