O Marmolería remata a segunda volta con unha vitoria.

O encontro comezou moi frio, os xogadores non sairon centrados e, por conseguinte sucedéronse numerosos os erros de pase e  despistes defensivos. O ataque dos locais non conseguía ter ritmo de pase e non atopamos ocasions tan claras como deberíamos. En defensa certos momentos de relaxacion impediron que o equipo local se alonxase no marcador, chegando ao descanso cun 13-12.

Na segunda metade, os locais sairon moi intensos en defensa, o que nos permitiu moitos erros no ataque vistante e, poder correr, ata chegar a acadar unha ventaxa de 5 goles arriba, pero os erros en ataque dos nosos e varios acertos defensivos dos visitantes consiguen volver a apretar o encontro ate o final que se acaba decindo cun 25-24.

Marmolería Jose Rey Xiria 25 (13+12): Manuel Garcia(p), Dani Bello(5), Alex Tato(p),Manuel Perez (2), Hugo García(7), Ángel Villar, Marcos Amarelle(5), Manu Rey(2), Miguel Cambon (2), Samuel Quintela(2).

Ribadosar 24 (12+12): Dawit Alvarez(p), abraham alvarez(2), carlos batalla, carlos quintela, Hector costas(3), Hugo Suarez, Jesus rycoy(4), Iago Vidal, Juan Jontaez(6), Martin Velev, Miguel Lepeda(5), Nicolas Vilas(3).