O Metalúrgica BB Xiria, cae en Culleredo ante un equipo superior

O Metalúrgica BB Xiria alevín BM7, terceiro clasificado na táboa, visitaba Culleredo para enfrontarse no derbi ao BM.Culleredo O Tarrío, segundo clasificado e cun partido menos que os bergantiñáns.

O equipo coruñes, cun plantel con xogadores de último ano, demostraron esa diferenza física na pista, así como atoparse nun momento máis avanzado en canto aos conceptos tec- tac adquiridos.

Os de Carballo, que comezaron o encontro atenazados e bloqueados polo contexto e o rival, foron soltándose co transcorrer dos minutos, dando unha imaxe moito mellor nos dous últimos tempos do envite. A partir do descanso, púidose ver ao mellor Xiria, aumentando a súa intensidade e concentración na retagarda e sobre todo, mostrándose moito máis móbiles e asociativos no xogo de ataque, situación que propiciou que se vise un xogo máis fluído a pesar da clara superioridade do rival.

BM Culleredo O Tarrío – Metalúrgica BB Xiria  8-0 (10-2 / 11-6 / 9-6 / 10-7)

Metalúrgica BB Xiria: Dani Periscal (2), Brais Suárez, Álvaro Gómez, Maxi (3), Diego Mourelle (1), Nicolás Cancela (1), Antón, Marcos Varela (5), Diego Barbeira (1), Marcos Suárez (2), Álvaro García, Henrique Traba (6), Aday Gómez.