O Metalúrgica BB Xiria imponse ao BM Línea 21 no seu primeiro partido en casa

O conxunto alevín de BM7, Metalúrgica BB Xiria, afrontaba o seu primeiro partido como local na mañá do pasado Sábado fronte ao BM.Línea 21 da Coruña. Atenazados pola estrea ligueira como locais, os xogadores carballeses non foron capaces de desenvolver o xogo que veñen mostrando nos adestramentos semanais e as imprecisións, os erros e as perdas de balón, foron a tónica xeral durante os catro tempos do partido.

Na retagarda existían pequenos desaxustes, en ocasións despistes individuais na marcaxe, pero estaba a funcionarse relativamente ben. Os problemas aparecían na recuperación do balón, xa que os pases erroneos facían que a pelota durase moi pouco nas mans dos bergantiñáns que acumulaban unha perdida tras outra sen atacar a portería contraria.

A transición defensa ataque non funcionaba e o posicional tampouco debido á mala selección e realización dos pases, así como á falta de movemento e desmarque por parte dos seis xogadores de campo.

A pesar de todo, cando os xogadores do Xiria animábanse a encarar a portería contraria en carreira con intención de atacar, atopaban situacións sinxelas de lanzamento e conseguían superar aos herculinos no computo global do encontro con tres tempos gañados e un empatado. A diferenza puido ser máis folgada se os bergantiñáns non acumulasen tantos erros nos seis metros, ben por accións nos que pisaban a liña, ben por lanzamentos imprecisos de un contra o porteiro, pero o Metalúrxica BB terá que mellorar en todas as fases do xogo en futuras confrontacións e, a base de acumular minutos, perder o bloqueo mental co que afrontaron este partido.

Metalúrgica BB Xiria – BM Línea 21: 7-1 (7-5 / 4-4 / 4-3 / 7-4)

Dani Periscal (6), Brais Suárez (2), Andrés Pedreira (2), Álvaro Gómez (1), Maxi (2), Diego Mourelle (2), Nicolás Cancela (2), Antón, Marcos Varela (1), Diego Barbeira, Marcos Suárez (4).