O Metalúrgica BB Xiria inicia con boas sensacións a liga de BM7

Comenzaron moi ben os rapaces alevíns do Metalúrgica BB Xiria a competición de BM7 e competiron de forma sobresainte nun interesante encontro e na difícil pista de Culleredo.

O partido terminou en táboas, xa que cada conxunto conseguíu a vitoria en dous dos catro tempos nun bonito encontro. Foron os de Xiria os que comenzaron millor, adiantandose e dominando o primeiro cuarto cun parcial de 4-7, aínda que os rapaces de Culleredo reaccionaban ben no segundo para acadar un resultado favorable por 8-4. Moito máis igualados os seguintes dous tempos, onde o Culle voltaría a sumar dous puntos nun igualadísimo terceiro cuarto (4-3) e os bergantiñáns, tamén pola mínima, saían vencedores no definitivo tempo de xogo (4-5).

Boas sensacións dun equipo novo chamado a crecer co paso do tempo e contra un rival sempre con moi bo nivel.