O Metalúrgica BB Xiria sufre a primeira derrota

O conxunto alevín de BM7, Metalúrgica BB Xiria, sufríu a súa primeira derrota no desprazamento a Abegondo na terceira xornada da competición provincial. Os locáis amosaron a súa superioridade dende o inicio, a pesar da mayor antropometría dos de Carballo.

O Metalúrgica BB Xiria está formado por xogadores dunha boa talla e con capacidades interesantes para este deporte, pero queda un longo camiño que percorrer e moito traballo para que estes xogadores, algún de primeiro ano e moitos deles iniciando a participación no balonmán, vaian progresando e  adquirindo os conceptos necesarios. A pesares de todo, os resultados na maioría dos tempos foron axustados e mesmo o Metalúrgica BB Xiria foi quen de conseguir dos puntos ca vitoria no último cuarto.

BM Abegondo E.M – Metalúrgica BB Xiria: 6-2 (6-4 / 6-5 / 9-6 / 2-8)

Metalúrgica BB Xiria: Dani Periscal (6), Brais Suárez (2), Andrés Pedreira (2), Álvaro Gómez (1), Maxi (2), Diego Mourelle (2), Nicolás Cancela (2), Antón, Marcos Varela (1), Diego Barbeira, Marcos Suárez (4).