Na tarde do sábado o Xuvenil B se achegaba á Casqueira para afrontar un partido marcado polas ausencias en ambos bandos.
CLÍNICA MS PONTEDEUME 22 – 20 MONTAXES CARBALLO XIRIA B
O encontro comezaba a prol dos locais pola baixa efectividade de lanzamento do conxunto do Xiria, que acumulaba cinco erros nos primeiros seis claros lanzamentos do encontro. Se ben o Montaxes Carballo fixo un sólido traballo en defensa ante o 1×1 do Pontedeume, na faceta ofensiva estiveron carentes de gol, en parte debido á excelente actuación do porteiro local, chegando ó intermedio cun resultado impropio de partido xuvenil (9-6).
Na volta á pista, os de Carballo tiñan a medida collida ó ataque local para subir a profundidade, interrumpir a creación de xogo e roubar numerosos pases, obtendo doadas situacións de lanzamento sen oposición ante porteiro. A pesar do ben facer do conxunto verde, non eran quen de transformar todas as situacións, errando numerosos contraataques e mantendo un pulso a un partido moi igualdado.
Pola contra, o imposto físico pasaba factura no ataque posicional de ambos bandos, que acumulaban perdas non forzadas e cada vez era máis difícil atopar espazos. No derradeiros intres, dous erros técnicos do Xiria e o acerto do Pontedeume puxeron os puntos nas mans dos locais nun partido pelexado (22-20).
A falta de sete días para o parón, o Montaxes Carballo B se prepara para viaxar ata Santiago para enfrentarse ó colista.


