O Montaxes Carballo garantízase unha praza na Final Four

O Montaxes Carballo viaxaba a Pontevedra a pasada semana na procura dos dous puntos que certificaran a súa presenza na Final Four. O contexto non era sinxelo e os carballeses ían a ter que traballar duro para acadar a vitoria.

SD TEUCRO UIE 27- MONTAXES CARBALLO 30

O partido comezaba con moita seriedade por parte de ambos equipos, un Montaxes con criterio en ataque que traballaba para elaborar cada xogada (salvo accións puntuais) e un Teucro aproveitando as súas armas e acertado de cara a portería. Neste contexto o partido comezaba moi igualado. Os carballeses sufrían moito coas caídas dos xogadores de pontevedra ao centro. Unha mellora defensiva no tramo final de primeira metade facía que os carballeses conseguiran marchar ao descanso.  con unha ventaxa de 3 goles.

Á volta dos vestiarios a tónica do partido seguía a ser a mesma, pero pouco a pouco o equipo carballés soupo axustar un pouco máis a defensa e isto facía que os erros no ataque posicional pesaran menos. Soupose competir e manter o partido conseguindo así unha vitoria por tres goles que deixa ao Montaxes Carballo con unha praza garantizada para competir na Final Four, na que se da unha praza para o compionato estatal.