O Montaxes Carballo queda en terceira posición na liga regular a pesar da derrota pola mínima contra o Cisne

O Montaxes Carballo tiña un partido compricado importante o pasado sábado.  Enfrontábase ao Cisne, líder e equipo que tan só perdiu contra os carballeses en esta tempada. A pesar de que o equipo Pontevedrés non se xogaba nada os carballeses eran conscientes de que ían a competir ao máximo o partido.

C.BM. CISNE COLEGIO LOS SAUCES 31- MONTAXES CARBALLO XIRIA 31

O partido comezaba con moita igualdade, cos dous equipos enchufados e concedendo poucas situacións sinxelas ao rival. Os carballeses cando se amosaban móbiles na defensa conseguían tecer unha rede difícil de sobrepasar. Pola contra, a fortaleza física dos pontevedreses armaba unha defensa sólida que tan só se podía superar separando xogadores e facendo correr a pelota. A igualdade foi a tónica que reinou no xogo e tan só os pequenos detalles e erros marcaban a diferencia, con todo marchouse ao descanso con 16-16 no marcador.

Na segunda metade os dous equipos seguiron a amosar un bo nivel de xogo, os carballeses conseguían manter un criterio ofensivo que lle facía manterse de xeito regular. Sen embargo coma na primeira metade os pequenos erros marcaban a diferencia e unha serie de erros innecesarios facían que o equipo de Pontevedra conseguise unha ventaxa que os carballeses non conseguiron superar. Con todo, foi un gran partido dos carballeses a pesar da derrota final 30-31.

O Montaxes Carballo termina nunha meritoria teceira praza a liga regular grazas ao empate do seu perseguidor, Carballal, o domingo. De este xeito pasa a final four cómo primeiro clasificado e espera o rival da semifinais, rival que sairá do gañador entre o 6 clasificado de liga ouro (Reconquista) e o primeiro de Liga Prata (Abegondo-Atlántico).