O sábado era un día a cara ou cruz; eliminatoria a partido único en Pontevedra, para ver que dous equipos metíanse na final4.
Non foi o mellor partido para o Montaxes Carballo Xiria, que se deixou a pel na pista. Unha entrega e loita constantes, para tratar de remontar nun partido no que non estiveron acertados. O Cisne xogou mellor; e mantívose por diante en todo momento, mentres o Montaxes Carballo Xiria, precipitado nas transicións, e falto da velocidade de balón no xogo combinativo, vía como aos poucos crecía a diferenza no marcador. Non se deron por vencidos e trataron de remontar coa defensa 5:1 moi presionante. Diu os seus froitos; pero chegados aos insntantes finais xa non quedaban forzas e o Cisne sentenciaba á contra. Bo papel do equipo, que ten que seguir aprendendo e crecendo destas situacións.
Club Cisne Colegio Los Sauces 30 – Montaxes Carballo Xiria 23
Club Cisne Colegio Los Sauces (16+14): Antón Rodríguez, Manuel García, Antonio Rey (1), Javier Costa (1), Pablo Pazos (4), Román Latas (4), Pedro Ángel (3), Roque Díaz (4), Iago Adelaide, Carlos Redondo (3), Manuel Hernández (5), Yago Martínez, Adrián González, Hugo Carreira, Mateo Monteagudo, Mateo Martínez (5).
Montaxes Carballo Xiria (10+13): Samuel Soneira (p), Antón Pardiñas (p), Diego Mourelle (4), Simón Viña, Andrés Pombo, Nicolás Cancela (4), Daniel Persical (3), Brais Suárez (1), Marcos Suárez (3), Aday Gómez (1), Marcos Varela (2), Maxi Díaz, Jorge Rodríguez (5).
Árbitros: Catarina Adao e Joaquín Iñaki.
Incidencias: Partido correspondente a fase eliminatoria da final 4 da liga xuvenil masculina, disputado no pavillón Multiusos A Xunqueira (Pontevedra).


