Un inicio de partido dubidoso para o equipo xuvenil de Carballo; que rifaba en demasía o balón en ataque posicional. Factor que aproveitaron os visitantes para facer goles á contra e obter un vantaxe de 5 goles chegados ao minuto 15.
O Montaxes Carballo Xiria refacíase aos poucos e recortaba distancias facendo ben as situacións básicas e minimizando as perdas de balón.
O equipo xogou máis cómodo e ao descanso lograba irse un gol por diante.
Na continuación, moita igualdade entre ambos; o Xiria ía por diante con diferenzas mínimas e chegados o minuto 17 lograba romper o partido a pesar da defensa cambiante que propuxo Tui.
O esforzo do colectivo brillou por encima de todos e o equipo lograba os dous puntos.
A próxima semana medirase ao Bm Lalín de novo en Carballo.
Montaxes Carballo Xiria 42 – Clínica Veterinaria Estación Balonman Tui 33
Montaxes Carballo Xiria (19+23): Antón Pardiñas (p), Samuel Soneira (p), Diego Mourelle (7), Simón Viña (1), Andrés Pombo (4), Nicolás Cancela, Daniel Persical (11), Brais Suárez (4), Marcos Suárez (5), Aday Gómez, Marcos Varela (9), Maxi Díaz, Jorge Rodríguez (1).
Clínica Veterinaria Estación Balonman Tui (18+15): Izan Pérez (9), Marcos Framiñan (3), Roque Estevez (10), Rodrigo Domingues, Aron Prada (2), Darío Vila (2), Sergio Rodríguez (6), Lucas Esteves, Fabio Mazzurco, Andrés Fernández (1).
Árbitros: Renzo Díaz e Luis Arias.
Incidencias: Partido correspondente a 15ª xornada da liga Ouro xuvenil masculina, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).


