O Montaxes Carballo Xiria pecha a primeira volta con vitoria

O Montaxes Carballo Xiria pecha a primeira volta con vitoria

Boas novas para o Montaxes Carballo, que realizou un partido completo na tarde do venres. O equipo rompía así a mala serie de resultados; xogando un bo partido desde o aspecto defensivo e controlando as situacións no ataque posicional.
 
O Montaxes Carballo Xiria, rompía o partido aos 10 minutos (7-4); e mantíñase sempre por diante no marcador; na primeira parte chegou a ter ata 4 goles de vantaxe.
 
Luceros tentábao á volta de vestiarios reducindo a diferenza a tan só 2 goles; pero o Xiria mostraba moita solvencia no seu xogo e a falta de 10 minutos establecía unha diferenza de 7 goles, que deixaba o partido sentenciado. Luceros presionaba nos últimos 5 minutos; e o partido finalizaba con marcador de 30 a 25.
 
Gran resultado para irse ao nadal con bo sabor de boca.
 

Montaxes Carballo Xiria 30 – Buenas Migas Luceros 25


Montaxes Carballo Xiria (15+12): Antón Pardiñas (p), Samuel Soneira (p), Simón Viña, Andrés Pombo, Nicolás Cancela (8), Daniel Persical (6), Brais Suárez (3), Álvaro García (2), Aday Gómez, Marcos Varela (4), Maxi Díaz, Jorge Rodríguez (6).

Buenas Migas Luceros (12+13): Uxío Vilariño, William Thompson (12), Daniel Guerrero (5), Dimitrije Doder (1), Gabriel Señorans, Jaime Serrano (1), Simón Hernández, Xurxo Otero (2), Hugo Bouso, Diego Rivas, Nicolás Graña, Asier Pereira (3), Xabier Cordeiro (1), Adrián Chapela.


Árbitros: Paula Peteiro e Uxía Mariño.


Marcador cada 5 minutos: 4-3, 7-4, 11-6, 13-10, 14-10, 15-12, (descanso), 16-14, 20-16, 23-18, 25-19, 28-21, 30-25 (final).

Incidencias: Partido correspondente a 9ª xornada da liga Ouro xuvenil masculina, disputado no pavillón Ceip Fogar (Carballo).