Na xornada do domingo 30 de novembro, o Montaxes Carballo Xiria Verde desprazouse ata o Pavillón Municipal de Friol para enfrontarse ao Millaven CP Lucense, encontro correspondente a 7ª xornada da 1º Fase da Liga Prata cadete masculina. O conxunto carballés, ofreceu un recital ofensivo para levarse os dous puntos cun contundente 32-52.
Desde o asubío inicial, o encontro estivo marcado por un ritmo vertixinoso. O Xiria Verde saltou á pista coa idea clara de correr e buscar a portería rival sen especular. A primeira metade foi un intercambio de golpes onde o ataque se impuxo claramente ás defensas, pero a calidade individual e colectiva dos visitantes comezou a marcar diferenzas. A dirección de xogo foi clave nestes primeiros trinta minutos, con Desale e Marco moi inspirados na faceta ofensiva, repartindo 4 pases de gol cada un no primeiro tempo. Ao descanso, o marcador de 15-25 xa deixaba encamiñada a vitoria para os de Carballo.
Na reanudación, lonxe de relaxarse, o Montaxes Carballo Xiria Verde puxo unha marcha máis. A intensidade non decaeu e a fluidez no xogo de ataque aumentou; conseguindo romper o encontro definitivamente. A portería, defendida por Iker e Román, tamén aportou a súa seguridade habitual para frear os intentos do conxunto lucense.
O encontro rematou cun resultado final 32-52. Esta vitoria, permite finalizar ao Montaxes Carballo Xiria Verde finalizar en 1ª posición esta primeira fase da Liga Prata Cadete Masculina.
A segunda fase comezará a semana do 14/12/2025 e o Montaxes Carballo Xiria Verde enfrontarase ao 1º de cada grupo e os tres mellores 2º.


