Despois do Play off disputado esta fin de semana onde os xogadores do Montaxes Carballo Xiria, fixeron 3 vitorias en 3 partidos; logrando así o primeiro posto e pechando unha boa fin de semana para lograr o primeiro obxectivo que tiña marcado este novo grupo de xogadores.
Un play off de gran nivel de xogo; e que mostra a boa saúde da que goza o balonmán galego.
O Montaxes Carballo Xiria, logrou a primeira xornada, unha cómoda vitoria diante do Valinox Novás (35 a 24), fomentada na excelente primeira metade.
A xornada 2, enfrontaríalle ao Clínica Veterinaria Estación Balonman de Tui. Un partido difícil, un bo rival pero unha nova vitoria por 31 a 26, que outorgaba praza en liga Ouro antes da derradeira xornada.
O terceiro día de competición; Montaxes Carballo Xiria e AD Carballal, o dous equipos con praza asegurada en liga Ouro, xogábanse o liderado do grupo.
Os verdinegros impuxéronse na parte final do choque grazas ao mellor acerto dos últimos 5 minutos e ao bo labor defensivo durante todo o partido. (24 a 21)
Convocatoria: Samuel Soneira (p), Antón Pardiñas (p), Marcos Varela, Brais Suárez, Marcos Suárez, Jorge Rodríguez, Diego Mourelle, Daniel Periscal, Andrés Pombo, Nico Cancela, Simón Viña, Maxi Díaz, Álvaro García.
A semana que vén dará comezo a liga; e o Montaxes Carballo Xiria, xogará en Vigo, diante do Reconquista.