O Nordata caeu en Almeiras ante o Culleredo

Un descoñecido Nordata caeu este pasado domingo ante o Bm. Culleredo, tras un encontro no que a pesar de non mostrar a súa mellor imaxe, as carballesas tiveron opcións ata os derradeiros minutos do encontro.

As do Xiria comezaron máis acertadas que as coruñesas(5-7, min.15) o que obrigou ó adestrador cullerdense a solicitar un tempo morto. A pesares do resultado nese momento, as nenas do Nordata estaban a mostrar moita desconfianza nas súas posibilidades, e soamente o alto rendemento na defensa axudou a que puideran disputar o encontro ata o final, pero o maior acerto das vermellonas decantou o resultado final do encontro(23-20).

Na próxima xornada, o Nordata xogará a domicilio de novo ante a SAR de Redondela.