O Nordata estrena a Liga Ouro con dous puntos

Disputadísimo encontro o que enfrontou na mañá do domingo os dous equipos que disputaron a Final da Supercopa no mes de agosto en Cangas, o Nordata e oTecnosat Cangas.

Mal comezaron as cousas para as do Xiria, non tanto polo xogo pero si polo desacerto de cara a porta, onde as boas accións combinativas paraban no muro que se convertiu a gardarredes do Morrazo unha vez tras outra. Un 3-8 en contra no minuto 12 do encontro e tras o tempo morto local, o Nordata virou a situación logrando igualar o encontro e incluso finalizar a primeira metade un arriba(13-12, descanso).

Na segunda metada solo a gran actuación na portería visitante permitiulles as de Cangas disputar un encontro ata o final, onde un balón directo xa co tempo cumplido, rebotaría nas mans da barreira carballesa, o que lle otorgou a posibilidade de sumar dous puntos para comezar a tempada regular.

A próxima semana visitarán o Lalín Arena na mañá do domingo a partir das 12.00h

Resultados Jornada 1

Bm. Cañiza 21-15 Sanxenxo Bm.

Bm. Porriño 17-33 Bm. Chapela

Nordata Xiria 23-22 Bm. Cangas

Bm. Culleredo 23-20 Coreti Lalín

Sar Rodavigo 19-29 Mecalia Guardés