O Nordata Xiria afianza o liderato na Liga Ouro

As carballesas viaxaron ata Lalín no partido correspondente á terceira xornada de Liga Ouro onde os dous con xuntos chegaban con pleno de vitorias e coliderando a clasificación xunto co Bm. Cangas. As de Zarra saíron máis sólidas na defensa ca o seu rival, conseguindo abrir unha diferenza de cinco goles (9-14) na primeira parte do encontro. Non foi dos mellores encontros xogados ata o momento polas verdes, que mostraron menos intensidade que nos encontros anteriores, traducido en moitos erros individuais que embarraron algo o encontro. A pesares diso, o Nordata Xiria foi quen de solventar o encontro sen sobresaltos ata chegar a diferencia final (18-27).

Na próxima semana as de Carballo volven a rendir visita, esta vez o Bm. Chapela, terceira saída consecutiva e rival complicado que suma dúas vitorias en tres encontros.