O Nordata Xiria impónse ao Bm. Chapela nunha saída complicada

Na mañá do sábado as carballesas viaxaron ata Vigo para disputar a cuarta xornada da Liga Ouro infantil femenina. Visitaban ao Bm. Chapela, un rival sempre complicado na súa casa que plantou cara ata os minutos finais. As de Carballo saíron moi aplicadas en defensa marcando diferenzas na primera parte (1-9, min. 17).

Todo facía indicar que podía resolverse o encontro para as verdes de forma clara pero, algunhas imprecisións en ataque e o baixón no rendemento defensivo nos minutos posteriores, acercou ás viguesas a cinco goles de distancia no descanso.

Na segunda metade, o partido foi máis disputado que no primeiro acto, chegando a acortarse a diferenza ata os tres goles (12-15). Non obstante, as coruñesas apretaron nas últimas accións para finiquitar unha vitoria que as coloca no máis alto da clasificación con catro vitorias en outros tantos partidos.

A semana que ven descansará a competición, antes de recibir a outro dos favoritos en Carballo, o Bm. Cangas.