O Nordata Xiria mantén a segunda praza a pesares da derrota

O Nordata caeu fronte a AD Carballal, pero mantén de momento a segunda praza na Liga Ouro.

Recibían o sábado no Vila de Noia ao equipo vigués coa intención de manter a marxe de puntos cas viguesas que acechaban na clasificación. As de Zarra comezaron o encontro moi metidas cunha defensa moi intensa para poder parar as individualidades do equipo visitante. Durante o primeiro acto solo o desacerto de cara a portería impediu que as carballesas marcharan ao descanso cunha vantaxe amplia.

Na segunda metade todo cambiou, mostrándose moito máis efectivas que as locais, onde destacou a figura da portería viguesa, que marcou entre outras cousas o devir do encontro.

Este sábado visitarán as do Xiria ao Bm. Caselas na antepenúltima xornada da Liga Ouro.