O partido do Punta del Este non se puido xogar por incomparecencia do árbitro

Este domingo ía a disputarse no pavillón Vila de Noia o encontro que enfrontaba ao Punta del Este Xiria co Bm Camariñas, partido pertencente á 4ª xornada de Copa.

Con todo o partido tívose que suspender debido á incomparecencia do árbitro designado para o mesmo. Tanto as xogadoras locais como visitantes, que madrugaban para desprazarse desde Camariñas, así como o corpo técnico de ambos equipos tíñanse que marchar resignados, sen poder xogar ao deporte que lles apaixona. O máis preocupante é que non é a primeira vez que ocorre esta tempada, xa en varias ocasións nos atopámos sen árbitros en partidos da base. Estas son algunhas das cousas que danan a imaxe do noso deporte.

Agora é preciso buscar unha data para xogar este partido aprazado nun calendario moi apretado debido o comezo tardío da competición de infantil femenino.