O pior encontro ante o pior rival das xuvenís condenao a unha dura derrota(35-14)

O pior encontro ante o pior rival das xuvenís condenao a unha dura derrota(35-14)

Sen excusas se atoparon este pasado domingo as xuvenís do Grupo Lemaco que saíron o encontro totalmente desenchufadas, o que orixinou un tempo morto nos primeiros intres cunha diferenza clara no electrónico(6-0) en contra das carballesas.

Nos vindeiros minutos, as verdes foron quen de equilibrar un pouco a contienda, mantendo diferenzas durante un tempo pero as redondelás, que xa se presumían como un rival bastante forte, conseguían maniatar o ataque carballés dificultando a circulación do balón e provocando erros ben aproveitados por elas na contra. Por momentos o equipo víase superado a pesar do continuo baile do banco con diferentes probaturas pero que non conseguían recurtar.

No derradeiro tercio do encontro, as carballesas plantexaron unha defensa máis aberta, onde chegaron os mellores minutos do equipo. A vindeira semana se descansará polos festivos para xa na seguinte xornada visitar o Bm. Chapela en Vigo, no que será o inicio da segunda volta desta Liga Ouro