O Punta del Este Xiria A caeu na súa estrea copeira ante o Cangas

Unha mágoa a derrota do equipo infantil Punta del Este Xiria A na maña do sábado en Cangas ata onde se desprazaron para enfrentarse ao conxunto local, nun encontro correspondente á primeira xornada de copa.

Tecnosat BM Cangas 21 – 17 Punta del Este Xiria A

Tecnosat BM Cangas (11+10): Alba Gestido, Ana Cancelas, Leire Bruno, Sabela Chapela, Goretti Carballal, Emma Rial, Nuria Villar, Irene Dios, Ana Costas, Eva González, Raquel Rial, Alba Del Valle, Sabela Pena, Lucía Peixoto e Tania Currás.

Punta del Este Xiria A (10+7): Julia García, Elena González, Sara Rial, Clara Graña, Lucía Andrade, Nerea Figueiras, Samrawit López, Lidia Fraga, Carla Martínez, Andrea López, Mencía Rodríguez, Sofía Rey, Xulia Suárez e Irene Lucía Suárez.

Árbitros: Carlos Calvar Martínez e Alejandro Boubeta Villar; e Ángeles Piñeiro Soliño e Jessica Vieitez Caneda como cronometradoras, todos do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á primeira xornada da Copa Galicia Infantil Feminina disputado no Pavillón IES María Soliño (Cangas do Morrazo).

As carballesas comezaron ben o encontro, onde a alternancia no marcador foi a tónica predominante durante a primeira metade.

As boas accións de ataque remataban cun baixo rendemento de cara a portería por erros no lanzamento ou por invasión de área, pero aínda así, chegaríase ao descanso cun axustado 11-10 no marcador.

No segundo tempo, as xogadoras do Xiria desconectaron por momentos na defensa, o que propiciou que as locais se escapasen no marcador ata unha máxima de sete goles de diferencia.

Nos minutos finais, as de Zarra recortaron a distancia deixando o resultado final no definitivo 21-17.

A próxima semana, o Punta del Este Xiria A visitará a pista de Culleredo na segunda xornada de copa.