O Punta del Este Xiria cae con claridade fronte ao Bm Cangas

As infantís do Punta del Este Xiria volvían a competición logo do parón navideño para enfrontarse ao líder da categoría, o Cangas Tecnosat. 

As carballesas saíron dispostas a pelear o encontro e a tentar meter en dificultades o equipo pontevedrés, pero o Cangas non estaba pola labor de sufrir para levar os dous puntos, e imprimou un ritmo o encontro que as do Xiria non eran quén de seguir. Mediante pase y va coa súa pivote, o Cangas superaba continuamente a defensa do Punta del Este, que estaba demasiado pasiva e non opoñía apenas resistencia ó ataque Cangués. Pola contra, as de Pontevedra si que metían en serios apuros as carballesas, que non conseguían superar a defensa e cando o facían topábanse coa gardameta rival. O Cangas aproveitaba os erros do Xiria para saír a contra e pouco a pouco ir aumentando a distancia no marcador, ata chegar ó descanso con un claro 14-25 que deixaba o partido case sentenciado. 

Na segunda parte a tónica foi a mesma. O Xiria melloraba na súa defensa posicional, pero en ataque continuaba tendo demasiadas perdas que se convertían en letales contraataques das canguesas, que se acabaron facendo cos 2 puntos sen pasar apuros. 

Punta del Este Xiria 29-48 Bm Cangas Tecnosat

Punta del Este Xiria: María Porteiro (p), Carla Bello (p), Leticia Santos (8), Lara Hernández (6), Cecilia García (4), Duna Barca (11), Sara Méndez, Alba Pereiro e Nerea Figueiras. 

Cangas Tecnosat: Irene Romero (5), Sabela Nores (1), Laura Cordeiro, Inés Bernárdez (7), Alexandra Freire (7), Irene Rios, Antía Vilariño (4), Navia Otero (4), Adriana Rial (17), Paola Nuñéz (3) e Doaa Immani.