O Punta del Este Xiria cae en Porriño por dous goles

Bo partido o realizado polas infantís do Punta del Este Xiria, que viaxaban ata Porriño na xornada 2 da Copa Federación, que a pesar da derrota deixaron mostras do seu desenvolvemento ao longo do curso. A defensa 3:3 empeza dar os seus froitos; coas xogadoras mellor coordinadas segundo pasan os minutos de competición.

O partido transcorreu igualado nos primeiros compases, as defensas impuxéronse nesta primeira metade, e as locais estiveron máis acertadas para gol; o que lles permitiu ir ao descanso 10 a 7.

Na continuación, Stefania tivo que actuar como porteira en lugar de Lucía; situación que non colle desprevida á xogadora carballesa. No minuto 10, Lucía podería volver ocupar a portería, mentres tanto o marcador seguía con distancias de 3 e 4 goles a favor das porriñenses. Tentábano as do Xiria, presionando desde a defensa e o contraataque reducindo distancias e apertando o marcador. Está vez non sería suficiente para levar un resultado positivo; pero o esforzo, o traballo e non renderse nunca; son as liñas para seguir.

Incidencias: Partido disputado no pavillón O Porriño, ante uns 100 seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: Nerea Cameselle e Carlos Calvar do colexio galego.

BM PORRIÑO 22 ( 10 + 12 ): Aitana Fernández, Alba Martínez (2), Amina Díaz (1), Aroa Rodríguez (2), Carmen Suárez (1), Diana Vila, Iria Benaches, Izaskun Trigo, Judit Puime, Julia Álvarez (5), Nerea Cano, Noa Pérez (2), Uxía Campos (9), Yara Iglesias.

PUNTA DEL ESTE XIRIA 20 ( 7 + 13 ): Lucía Lema [p], Stefania Landri [p].Candela Couto (1), Catalina De Magalahes (2), Duna Barca, Lara Hernández (2), Lara Souto (7), Leticia Santos (2), María Patiño (1), Natalia Cancela, Sara Méndez, Cecilia García, Coral Ruibal (4).