O Punta del Este Xiria cae na casa dun Carballal que foi superior

Faro de Vigo Carballal 44-30 Punta del Este Xiria

Desprazábanse na mañá de sábado as rapazas do Punta del Este Xiria a Vigo para disputar o encontro correspondente a décima xornada ligueira de División de Honra.

As carballesas sabían de antemán que se ían atopar con un conxunto superior, e que calquera erro que cometeran ía ser aproveitado polas locais. Saíron ambos conxuntos moi concentrados ao encontro e cos ataques impoñendose as defensas. As de Vigo, mediante boas accións individuais da súa lateral esquerda, atopaban ocasión claras de lanzamento que convertían en gol, mentres que pola contra, as de Carballo, con un xogo máis combinativo non eran quen de materializar as ocasións de lanzamento topándose continuamente coa porteira olívica. Chegábase así ó minuto quince de encontro con unha vantaxe de 7 goles a favor das locais (14-7), pero as visitantes non estaban pola labor de tirar o partido, e grazas o bo repliegue defensivo e o maior acerto de cara a porta conseguiron ganar o último parcial da primeira metade 7-8 (no descanso 21-15).

Na segunda metade, as infantís do Punta del Este Xiria pagaron o esforzo realizado na primeira metade, que xunto coa escasez de banquillo fixo que o Carballal fora pouco a pouco aumentando a súa renda aproveitándose de saques rápidos que collían a nosa defensa descolocada e de contraataques tanto en primeira coma en segunda oleada. 

Pese o resultado, as bergantiñás nunca lle perderon a cara o partido e loitaron os 50 minutos, mostrándo unha actitude no campo que é de admirar. 

Faro de Vigo Carballal (21+23): Marta García, Laura González (1), Ainhoa Estévez, Helena Costas (4), Adriana Montenegro (6), Aine Roca (6), Noa Costas(2), Nerea Patiño (12), Xiana Cameselle (2), Alejandra Montenegro (4), Nerea Nogueira, Sara Pereira (7), Daniela Molares, Carme Martínez, Bárbara De los Angeles.

Punta del Este Xiria (15+15): María Porteiro (p), Carla Bello (p), Alba Pereiro, Leticia Santos (7), Lara Hernández (4), Duna Barca (10), Lara Souto (8), Cecilia García, Sara Méndez, Nerea Figueiras e Sara Rial.