O novo equipo carballés enfrontábase a un dos equipos fortes da categoría. A derrota era o de menos; o importante é seguir progresando nunha división nova para as xogadoras.
A progresión segue o seu curso, e para avanzar deben facer o seu propio partido sen mirar o resultado. A loita constante en cada acción do xogo é moi importante de cara ao futuro. E niso non se lle pode reprochar nada a estas xogadoras.
O Bm Lavadores mostrou desde o inicio do partido a clara superioridade, abrigo no aspecto físico; que existe neste momento entre os dous equipos. O marcador final foi de 14 a 37.
Incidencias: Partido disputado no pavillón Ceip Fogar ante un centear de seareiros. Colexiado: Eugenio Muñoz do colexio galego.
XIRIA PUNTA DEL ESTE 14 ( 7 + 7 ): Lucía Lema [p], Candela Couto, Catalina De Magalhlaes, Coral Rubial, Duna Barca, Lara Hernández, Lara Souto, Leticia Santos, María Patiño, Natalia Cancela, Stefania Landri.
BM LAVADORES 37 ( 20 + 17 ): Judit Cid, Hirut San Bruno, Sofía Molares, Itziar Molinos, Aroa Fernández, Cecilia Álvarez, Marta Santamaría, África Fernández, Sara Pazo, Lucía Álvarez, Sandra Alderi, Antía Fernández.