O Punta Del Este Xiria cede nos instantes finais debido ao cansazo físico

El Punta Del Este Xiria, realizou un bo partido ante o Coreti Lalín o pasado sábado. A igualdade foi a tónica predominante nos primeiros minutos (2-2 e 4-4 nos primeiros 10´), pero romperíase no meridiano do primeiro tempo en favor das locais (6-4). A medida que o partido avanzaba, o cansazo físico ía facendo efecto nas bergantiñás, minguadas de efectivos polas numerosas lesións e con dificultades para aguantar o alto ritmo defensivo que se estaba impoñendo. As dezanas, con moita máis amplitude de banco, aproveitaban a situación para retirarse ao tempo de descanso cunha cómoda vantaxe (12-7).

As rapazas do Punta Del Este Xiria, recuperarían o alento no parón de dez minutos que outorga o descanso e sairían a por todas na segunda parte. Lonxe de darse por vencidas, as carballesas tentábano cunha defensa presionante e en ataque había moita máis mobilidade que na primeira parte do partido. As de Lalín non lles ían á zaga e podíanse ver os minutos máis dinámicos do encontro onde os goles se acumulaban, ben en ataques posicionais ou ben en roubos de balón das respectivas retagardas. Co paso dos minutos e do mesmo xeito que ocorrese no primeiro tempo, a fatiga xogaría e contra das visitantes, que non podían aguantar os vinte e cinco minutos a tan alto ritmo defensivo. As nenas de Coreti Lalín serían xustas vencedoras dun encontro onde o Punta o Leste tivo máis que unha meritoria actuación.

Coreti Lalín: 28 (12+16). Laura, Cora (3), Antía (3), Claudia (11), Martina (2), Amalia, Aldara, Alba (2), María Matiño (2), Thiara, María Mato (2), Mikaela (1), María Jiménez (2).

Punta Del Este Xiria: 21 (7+14). María Porteiro (p), Carla Bello (p),Alba, Lara Hernández (9), Nerea, Duna (8), Cecilia (2), Sara Méndez (1), Leticia (1), Sara Rial, 

Colexiada: Cristina olleros.. Non influíu no resultado final.

Incidencias: Encontro correspondente a 15ª xornada da 2ª volta na categoría DH Cadete Feminina disputado no pavillón Lalín Arena o pasado sábado. Cerca de cincoenta persoas nas bancadas para ver ese encontro.