O PUNTA DEL ESTE XIRIA CONSEGUE EMPATARLLE O PARTIDO O SD TEUCRO

O pasado sábado 02/03 o Punta del Este Xiria recibía na casa ao SD Teucro Interrías. O encontro celebrouse ás 10.00 no pavillón Vila de Noia, Carballo. O encontro presentábase igualado por ambos  equipos, as do Xiria estaban dispostas a pelexar o partido e as do Teucro a non poñelo fácil.

Comezaba a primeira parte, saía o Punta del Este Xiria cunha defensa intensa, tentando disuadir nas zonas contrarias ao balón e procurando non deixar soa á pivote na zona centro. No ataque, as carballesas atopábanse intensas, movendo bastante ben o balón de lado a lado e chegando a finalizar polos exteriores e laterais. As do Xiria estaban a realizar unha boa primeira parte, xa que na maioría do tempo o marcador ía igualado tentando que as do Teucro non se afastasen moito do marcador. Íase ao descanso e o Teucro colocábase con 3 goles por encima das carballesas 11-14, un marcador alcanzable.

Na segunda parte, o Punta del Este Xiria saía a por todas e a tentar levar o partido. Comezaban atacando, mandando á pivote, e realizando un bo movemento de balón cunhas consecutivas accións de fixacións. En defensa, as carballesas estaban intensas pero con algún que outro descoido que acababan en gol. Trás un desafortunado incidente producido nun contraataque, a porteira do Teucro foi expulsada, o que desde un primeiro instante deixábaas en desvantaxe. As do Xiria tentaron aproveitar esta oportunidade para achegarse no marcador, pola contra, as de Pontevedra non llo ían a poñer nada fácil aferrándose nunha defensa 6:0. Chega o final do partido cun resultado 22-22, un encontro intenso para ambos equipos onde se puideron ver a intensidade do xogo e a concentración das xogadoras.

O vindeiro sábado 16/03 o Punta del Este Xiria recibe na casa ao Rasoeiro Conservas Isabel, o encontro celebrarase ás 12:00 no pavillón da zona escolar CEIP Fogar. Presentarase un encontro intenso e interesante, xa que na primeira volta o Punta del Este Xiria estivo ás portas de traer os dous puntos, pero os descoidos defensivos e o cansazo na metade da segunda parte, pasáronlles factura que foi aproveitado polas do Rasoeiro que remataron por levar o partido cun resultado 24-22. Este sábado as do Xiria volverán a ir con todo e tentar que os dous puntos queden na casa.

PUNTA DEL ESTE XIRIA: Lucía Lema[p], Natalia Cancela(8), Dunna Barca(5), Stefanía Landri, Catalina Magalhaes, Lara Hernández, Candela Couto, Leticia Santos(1), Lara Souto(3), María Patiño, Coral Ribal(6).

SD TEUCRO INTERRIAS: Paula Comedador[p], Manuela García, Daniela Poceiro(1), Rocío Fernández, Mencia Diz, Sara Ibañez, Candela Casal (5), Mencia Lorenzo(6), Elena Cousido, Laura Buceta, Rocío Mendez, Carmela Fontoira(10).