O Punta del Este Xiria logrou unha traballada vitoria na súa visita ao Culleredo

Non puido ser na primeira xornada, pero si na segunda cando o Punta del Este Xiria se atopou cunha merecida vitoria que lle fai depender de si mesmas para lograr a clasificación para os cuartos de final da Copa Galicia.

BM Culleredo Canosa Abogacía 15 – 19 Punta del Este Xiria

BM Culleredo Canosa Abogacía: Lucía López, Carla Muíño, Alicia Pérez, Aroa García, Aldara Piñeiro, Leire Barbeito, Paula Peteiro, Lucía Martínez, Alba Pedreira, Antía Ferreño, Valentina Martínez, Uxía Otón, Irene Rodríguez e Nadia Martínez.

Punta del Este Xiria: Elena González, Sara Rial, Clara Graña, Lucía Andrade, Nerea Figueiras, Samrawit López, Carla Martínez, Andrea López, Mencía Rodríguez, Sofía Rey, Xulia Suárez e Irene Lucía Suárez.

Árbitros: Nicolás Núñez Castro e José López Vázquez. do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á segunda xornada do Grupo A da Copa Galicia Infantil Feminina disputado no pavillón municipal de Tarrío (Culleredo).

As carballesas comezaron moi fortes o encontro en facetas defensivas, forzando os erros dun conxunto local que iría a remolque no marcador en todo momento.

Xa no minuto 11, as rapazas de Zarra dominaban coa máxima vantaxe de cinco goles, a cal non medraría máis pola falta de acerto de cara a portería dun Xiria que encontraba posicións cómodas para o lanzamento pero unhas veces os paus e outras, a porteira local, fixeron que o nerviosismo calase nunhas visitantes que viron reducidas a súa vantaxe ata o 12-15 a falta de dez minutos.

Pero as verdes souberon manter a renda e sumar os dous puntos, os cales as coloca segundas do seu grupo a falta do partido contra o Lalín, que disputarán en Carballo a vindeira fin de semana.