O Punta del Este Xiria non consegue traer os puntos na súa visita ó Lavadores

Desprazáronse na tarde do sábado as xogadoras do Punta del Este Xiria a Vigo para enfrontarse ó Lavadores nunha nova xornada ligueira. 

A excesiva calor que había no pabellón Municipal de Lavadores xa facía presaxiar que iba ser un partido de pouco ritmo e así foi. 

Saltaron as carballesas á pista con moitas ganas de facerse co encontro e poder traer os dous puntos para carballo. Os primeiros minutos as visitantes comezaban dominando o partido, con unha defensa 3:3 moi intensa e atopando ocasións claras de lanzamento fronte o 5:1 rival. A partir do minuto 5 foron as locais as que tomaron o mando do encontro, e metían ó xiria en serios apretos, xogando cunha primeira línea de 4 xogadoras, o que provocaba continuos erros na defensa das carballesas. Ademáis as de Vigo facíanse fortes na faceta defensiva, cun 5:1 con defensa impar dos exteriores que o Punta del Este non eran quén de superar, chegando así o descanso cun 9-6 no marcador.

Xa na segunda metade, as visitantes cambiaron a súa defensa a 6:0, conseguindo recuperar balóns e aproveitando en ataque os ocos que deixaban as suas exteriores para poñer o empate no electrónico. Parecía que o partido se poñía mellor para o Punta del Este pero a precipitación facía que cada balón que se recuperaba en defensa fora desperdiciado en ataque con continuos erros de pase que as de Vigo non perdoaban. As carballesas seguiron remando ata o final pero de esta volta sen éxito, quedando os 2 puntos en terras viguesas con un marcador final de 19-14. 

U.B. Lavadores Vigo: Aroha Fernández, Ariana Fernández (6), Alba Lucía Martínez, Petra Verde (1), Antía Fernández (3), Cristina Villar, Sara Méndez (1), Adriana Barreiro (8), Lía Domínguez, Naica Moreira e Carmen Martínez. 

Punta del Este Xiria: Carla Bello (P), María Porteiro (P), Lucía Andrade (P), Elena González (1), Sara Rial, Clara Graña (1), Nerea Varela (5), Nerea Figueiras (2), Mencía Rodríguez, Sara Méndez (2), Xulia Suárez, Carla Martínez, Andrea López, Sabela Carrondo, Sofía Rey e Leticia Santos (3).