O PUNTA DEL ESTE XIRIA PERDE A DOMICILIO ANTE UN FORTE LALÍN

Outra xornada difícil para o Punta do Leste Xiria que viaxaba o pasado sábado a Lalín, para disputar o encontro que se xogou ás 10:30 no Lalín Area.

O partido presentouse cunha notable vantaxe para as locais e así se viu no encontro.

Daba comezo o primeiro tempo, as carballesas comezaban atacando sobre unha boa defensa do Lalín. O pouco movemento de balón e o pouco aproveitamento dos espazos facían que as do Xiria perdesen balóns.
O Punta do Leste Xiria tentou compensar os erros ofensivos plantando unha boa defensa, pero os descoidos defensivos deixaban ás locais xogar comodamente e entrar en carreira ata 6m.

Íase ao descanso cun marcador 20-6. Un marcador que sería difícil de recuperar pero que aínda así, as visitantes non se darían por vencidas.

Arrincaba a segunda parte cun Xiria plantado en defensa, os erros defensivos seguían favorecendo ás locais, pero a boa actuación da gardamenta carballesa, Lucía Lema, facía que ás locais lles fose máis difícil anotar. O seu gran lavor deulles ánimos ás súas compañeiras o que axudou a disputar unha boa segunda parte.
O Punta do Leste Xiria realizaban un ataque sobre unha defensa 6:0 tentando mover o balón e deixar espazos libres en zonas exteriores para poder anotar. Isto levou a atopar un punto débil nas locais, os continuos pases á pivote, o que facía romper coa defensa e deixar totalmente vendida á gardameta lalinense.

O final do encontro terminou cun marcador 33-15 para as locais que desempeñaron o seu traballo comodamente. Aínda que a primeira parte non fose realmente boa para o Xiria, a segunda parte foi dun parcial de 13-9, gran cambio con respecto á primeira parte.

CORETI LALÍN 33(20): Carlota Codesido, Antía 2, María 8, Amalia 2, Claudia, Nuria, Iria 6, Nuria López 12, Nuria Lamazares 2, Claudia Mein, Aroa, Micaela Lujan 1, Nerea.

PUNTA DO LESTE XIRIA 15(6): Candea Couto 2, Catalina 1, Coral 1, Lara Hernández 4, Leticia 4, Lara Souto, Lucía Lema, María, Natalia 3, Stefania.