O Punta del Este Xiria remata a tempada cunha derrota ante o líder.

O pasado sábado as rapazas do Punta del Este Xiria viaxaron a Vigo para desputar o seu último partido da tempada 2018-2019. Enfronte atopábase o A.D. Carballal, líder da competición que dende logo non iba poñer as cousas fáciles ás carballesas.

No primeiro tempo as viguesas soprenderon desde o primeiro minuto cunha defensa individual a partires de medio campo que descentrou por completo ás visitantes e provocou numerosas  pérdidas de balón que eran aproveitadas para convertir en gol polas rapazas do Carballal. O Punta del Este Xiria non conseguía impoñer a súa defensa e eso mermaba o seu rendimento en ataque para o que eran incapaces de concentrarse. O resultado ó descanso de 18-6 non lle deixaba moitas opción ás do Xiria.

No segundo tempo as carballesas saíron o terreo de xogo mostrando unha versión completamente diferente. Unha defensa 5:1 máis dura, poñia en apuros ó ataque estático das locais. Pero a pesares da boa actuación na portería e as recuperacións de balón provocadas polas disuasión a sorte de cara a gol non estaba do lado das carballesas. O resultado final de 32-12 deixaba finalmente os dous puntos en Vigo.

A pesares da derrota, ás rapazas do Punta del Este Xiria deben estar contentas polo papel que fixeron esta tempada sendo a súa primeira vez na División de Honra Infantil Feminina. Agora tocará empezar a pensar na tempada que ven e en manter a praza na categoría na que seguro que será unha tempada con moitas alegrías para o conxunto carballés.

AD CARBALLAL: Aine Roca Quintela, Ainhara Silva González (4), Blanca Rial Fariñas (4), Carolina Lorenzo Quintela (6), Catherina Estela Sio de Jesús, Helena Costas Parajó, Lucía Villamarín Osorio, María Pérez Lago (4), Nerea Arias Fernández, Nerea Patiño Limes (6), Sara Pereira Casal (8), Sela Villar Fernández.

PUNTA DEL ESTE XIRIA: Lara Souto Felípez (1), Catalina Magalhas Dide (5), Coral Ruibal Fraga, Duna Barca Amado (3), Lara Hernández Couto (1),  Leticia Santos Insua (1), Lucía Lema Álvarez, María Patiño Vilar, Natalia Cancela Couto (1), Stefania L. Landri Ferreira, Cecilia García Pose, Sara Méndez Pombo.