O Punta Del Este Xiria soubo aguantar a presión a pesar dos erros defensivos

O pasado domingo 16 de decembro o Punta del Este Xiria recibiu en casa ao BM Porriño. O partido tivo lugar no pavillón Vila de Noia ás 10:30.

O encontro comezaba cun Xiria despistado en defensa, deixando espazos libres en 6 metros e non chegando ben ás axudas. O Porriño en cambio aproveitaba con eficacia estes erros das locais para lanzar soas, ou realizando pases á pivote. En ataque, as locais tentaban compensar os erros defensivos, movendo balón para conseguir espazos libres. Deste xeito conseguían lanzar con suficiente espazo e eficacia desde os exteriores.

O encontro presentábase bastante igualado, o Punta del Este Xiria non estaba a ter un dos seus mellores partidos, pero aínda así tentaba compensar os erros defensivos. Íase ao descanso cun resultado de 7-9.

Comezaba a segunda parte con posesión do balón para o Xiria que tentaría loitar a segunda parte. Un bo movemento de balón e unhas boas asistencias das pivotes as do Xiria lograban anotar gol. En defensa, comezaban a coller un bo ritmo, con bastante contacto e tentado chegar ben ás axudas.Estaba a aproximarse o final do encontro, cando se produce unha falta a unha das xogadoras de Porriño que ocasionou un lanzamento de 7 metros, isto ocasionaba que as visitantes se colocasen a un gol por arriba. A falta de tan só un minuto do final o Xiria ía perdendo, así mesmo foi que as visitantes realizan unha falta á pivote do Punta del Este Xiria que termina nun lanzamento de 7 metros. Tras o lanzamento o encontro finaliza cun empate 20-20.

Tras esta xornada as infantís do Xiria rematan a primeira volta da liga DH, retomarán a competición en xaneiro, recibirán na casa ao SAR. Desta primeira volta, cabe destacar a progresión que realizaron as do Punta del Este Xiria, partindo dun xogo moi parado a mover fluidamente o balón. Para a segunda volta, tentarán mellorar os resultados acadados nesta primeira volta, continuando coa mesma dinámica de traballo e constancia.

PUNTA DEL ESTE XIRIA (7+13): [p] Lucía L., Natalia C.(6), Leticia S.(2), Candela C.(2), María P., Duna., Lara H.(7), Stefania L.(1), Catalina M.(2), Lara S.

BM PORRIÑO(9+11): Nerea C., Aroa R. (1), Aitana F.(3), Julia A.(1), Alba M.(1), Uxía C.(12), Noa P. (2), Iria B., Amina D., Nayara R.