O Punta del Este Xiria vence na súa visita a Redondela

As infantís do Punta del Este Xiria desprazáronse a Redondela a pasada fin de semana para medirse nunha nova xornada ligueira a Sar.

As carballesas saltaban a pista dormidas e con pouca intensidade, cometendo continuos erros nos pases e con unha defensa pouco activa, o que aproveitaban as de Redondela para tomar a primeira vantaxe no marcador (3-0). Un cambio nas filas do Xiria parece que fixo reaccionar a todo o equipo, e coa entrada de Lara Souto o terreo de xogo as carballesas comezaron a despertar. Con un ataque moito máis fluído, aproveitando o xogo de pase y va coa pivote, o xiria conseguía doblegar a defensa 3:3 prantexada polo equipo local, e iso, sumado ao aumento da intensidade defensiva propiciou que as visitantes lle deran a volta ó marcador chegando o descanso 3 goles arriba (16-13).

A saída dos vestiarios todo continuou pola mesma senda, as carballesas atopaban situacións de gol con certa facilidade, pero os despistes defensivos, sobre todo nas zonas exteriores non lle permitían despegarse no marcador chegando os derradeiros 10 minutos de encontro 6 goles arriba. As locais tiñan claro que iban a loitar ata o final por facerse co encontro, e lonxe de virse abaixo, presionaron as bergantiñás que fruto do nerviosismo volvían a cometer os mesmos erros que nos primeiros minutos encaixando un parcial de 7-3 que deixaba o marcador final nun axustado 25-27. 

SAR LEDISSON A (13+12): Carla Pérez, Leire González (2), Rebeca Vidal, Noa Fernández, Alexandra Covelo, Julia González, Dalia González, Paula Rodríguez (5), Isis Moreno (4), Alba Pérez, Laura Villar, Lucía Balado (2), Julieta Aquino (3), Emma Gómez (8), Lara Sánchez (1) e Paula Alonso.

PUNTA DEL ESTE XIRIA (16+11): María Porteiro (p), Carla Bello (p), Lara Hernández (7), Nerea Figueiras, Duna Barca (4), Sara Rial, Lara Souto (6), Cecilia García (1), Alba Pereiro (1), Sara Méndez (1), e Leticia Santos (7).