O Punta del Este Xiria impuxose con solvencia no seu sector do Play Off e disputará un ano mais a máxima categoría autonómica.
Na tarde do venres, as carballesas abriron o sector cunha contundente vitoria ante o Galicia Social de Vigo (32-11) e sumando unha boa renda de goles que podían ser necesarios para posible desempate na clasificación.
Xa na segunda xornada, as de Zarra mediríanse ao que a priori era o rival mais perigoso, que tamén acadou a sua clasificación, a UB Lavadores (21-11). E o fixeron mediante unha gran defensa que maniatou ás viguesas de principio a fin e que lles permitiu levar o encontro con boas distancias. Con estos catro puntos no saco, as nenas do Punta del Este acadaban o seu obxectivo a falta dun encontro na derradeira xornada onde xa non había nada en xogo nin para elas nin para a SD Teucro (33-22) onde todas as xogadoras disfrutaron de minutos para poder celebrar unha merecida clasificación con pleno de vitorias.