O Punta del Este Xiria perde na casa diante do Bm Lavadores

Segue na liña ascendente das últimas semanas o mozo conxunto carballés, que tratará de facer un bo papel na Copa Federación despois da súa primeira experiencia en división de honra.

Na mañá do sábado, o seu rival, o Bm Lavadores, antropométricamente superior, impuxo a lóxica no resultado final (21 a 33), pero as do Punta del Este Xiria, no que debutou a alevín Sara Méndez, xogaron un bo partido, e sendo cada vez máis regulares na faceta defensiva, con pequenos descoidos nas axudas, pero moi eficaces cando manteñen a concentración.

As xornadas que restan de Copa, as de Punta del Este Xiria, esperan recuperar algúns efectivos, para poder darlle maior velocidade ao xogo e deleitar á súa afección cun gran partido, e a participación de todas as xogadoras antóllase fundamental  neste aspecto.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Ceip Fogar, ante uns 100 seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: José Henrique Folgoso e Iván Hernández do colexio galego.

PUNTA DEL ESTE XIRIA 21 ( 10 + 11 ): Stefania Landri [p], Candela Couto (1), Catalina De Magalahes, Duna Barca (5), Lara Hernández (1), Lara Souto (1), Leticia Santos (4), María Patiño (1), Natalia Cancela (8), Sara Méndez.

CAFETERÍA TATO BM LAVADORES 33 ( 17 + 16 ): Sofía Molares (6), Sara Pazo (3), Sandra Alperi, Marta Santamaría, Judit Cid, Lucía Álvarez (4), Itziar Molinos (11), Hirut San Bruno, Cecilia Álvarez (4), Aroa Fernández, Ana Pérez (1), África Fernández (2).