O Rodeiro non pode coa defensa do Grupo Lemaco A

Balonmán Rodeiro 20 – Grupo Lemaco Xiria A 29 – (10-14)

No é doado xogar fora da casa un partido nestas idades, polo que os xogadores teñen que saír coa máxima concentración e actitude, superando as adversidades e xogando coa maior intensidade posible.
O Grupo Lemaco foi coñecedor de te que tiña que empregarse e aplicarse en defensa, pois as cousas viñeron torcidas cando perdía por molestias nas costas ao seu máximo realizador e potencial de lanzamento exterior nada máis iniciarse o encontro, Angel Viña.
Tamén as solucións en ataque mudaron, cun Rodeiro repregado na liña de 6 metros, a circulación do balón tiña que ter moita continuidade para achegarse en boas posicións de lanzamento.
Foi facendo o correcto o Xiria, brillando no traballo defensivo acompañado polos seus porteiros, e poido ir tomando distancia no partido para xogar unha recta final de encontro con todo decidido e a vitoria para os de Carballo que os sitúa moi preto da clasificación para o Play Off.

Balonmán Rodeiro 20 (10): Marcos Vázquez, Xabier Montes, Izan Guerra 4, Brais Cangado 6, Diego Fernández, Raul Arbor, David García, David Vázquez 2, Brais Calvo e Roi González 8

Grupo Lemaco Xiria A 29 (14): Alex Vázquez e Mateo Pallas (porteiros), Samuel Veiga 2, Erik Vázquez 2, Angel Viña 1, Alberto Rodríguez 2, Nicolás García 4, Xurxo Fraga 4, Samuel Regueira 4, Marcos Amarelle, Manu Rey 2 e Pablo Veiga 8

Arbitrou: Alfonso Canitrot