O Tubasys Xiria consegue a primeira vitoria

O Tubasys Xiria consegue a primeira vitoria na Liga Prata Cadete ante a UB. Lavadores.

Despois da derrota ante o Bueu na casa, as cadetes se enfrentaron ante o equipo vigués na mañá do domingo, onde as carballesas se mostraron un pasiño por riba das viguesas, onde dominaron o encontro de principio a fin. As viguesas comenzaron nos primeiros momentos cunha defensa 5-1, e ante a dificultade de frenar o ataque coruñés, cambiaron a unha defensa máis aberta, que lle dificultou algo máis o xogo mentras non se acoplaron ó cambio (8-16, descanso).

No segundo acto, as de Tubasys dominaron a situación e mantiveron as distancias, solo apuradas nos minutos finais por un arreón final do equipo local (21-25).

A próxima semana xogarán como locais ante un dos cocos da Liga Prata, a SAR de Redondela.