O Vila de Noia acolle o duelo entre o Calvo Xiria e o Rodosa Bm Chapela

1ª Estatal masculina:

Atentos; porque hai cambio horario debido ao toque de queda imposto. O Calvo Xiria xogará ás 18:30 no Vila de Noia ante o renovado Rodosa- Bm Chapela. Dous dos favoritos ao título e que actualmente van empatados a puntos na clasificación. Por tanto, un dos partidos máis esperados tanto polos xogadores, como pola afección. Seguro que os afeccionados ao balonmán estarán pendentes do streaming e os que as autoridades sanitarias permitan achegaranse ao pavillón para animar ao Calvo Xiria.

As claves do partido serán; dominar o ritmo do mesmo; xerar máis ocasións de gol ante a defensa 6:0 rival, e manter a concentración nas tarefas propostas ao longo dos 60 minutos.

O encontro preséntase emocionante sobre o 40×20; con dous conxuntos que aspiran ao máximo esta tempada.

 

1º Autonómica Feminina

Tras a vitoria obtida no derbi o pasado domingo polo Goldie Xiria, esta semana o equipo de Carballo volverá enfrontarse ao Balonmán Camariñas con todas as súas xogadoras dispoñibles o domingo ás 12:00, tal e como marca o novo calendario desta tempada.

No primeiro encontro o equipo local conseguiu dominar o marcador con claridade practicamente durante todo o partido e esta semana buscará seguir nesta liña co obxectivo de continuar na parte alta da clasificación do grupo A. O resultado da primeira xornada non debe confiar ás xogadoras da comarca de Bergantiños e máis aínda ante a disputa do derbi, nunha semana claramente condicionada polas novas medidas adoptadas para frear o avance da segunda onda da pandemia.

Espérase outro duelo tenso entre dous equipos que se coñecen á perfección e no que non se van a perdoar as imprecisións nin os erros de lanzamento como na primeira xornada, polo que as xogadoras deben saír ao campo cos cinco sentidos en alerta para conseguir os 2 puntos. Esta dobre xornada de derbi permitirá comprobar a capacidade de rotación de ambos os conxuntos e xa se empezan a perfilar aquelas xogadoras que asumirán un rol importante ao longo da tempada.